O próximo 2 de xaneiro cúmprense 93 anos do afundimento do vapor-correo Santa Isabel. En 1998 o historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos, publicaba na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio, artigos que serían o xermolo do libro, exposicións, conferencias, reportaxes e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.
A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira. As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.
O autor traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia. Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
93 anos do afundimento do vapor Santa Isabel
Ante a petición de numerosas persoas fisoxe unha reedición en rústica manténdose as características gráficas da obra inicial. O libro está á venda en librerias da comarca e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu, ou no teléfono 630 56 01 65.
Video sobre o naufraxio:
Artigos:
La Voz de Galicia http://riveira.eu/arquivos/62
El Correo Gallego http://riveira.eu/arquivos/6
Faro de Vigo http://riveira.eu/arquivos/21
El Pais http://riveira.eu/arquivos/20

0 comentarios:
Publicar un comentario