image1 image2 image3

RIVEIRA NA MEMORIA|BENVIDO A ESTE ESPAZO|RIVEIRA EN IMAXES|RIVEIRA NA HISTORIA

1947 O León de Padín

Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos "plataneiros" que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, O Son e Noia.
A adecuación da vía fixo que se movera a fonte de lugar, e si ben situouse no mesmo lugar unha versión algo modernizada da mesma xa que a primeira foi destruída, actualmente serve de centro da rotonda das confluencias de varias rúas de entrada e saída o casco riveirense.  A imaxe foi tomada por M. V. en 1947  a quen agradecemos a sua cesión.


[caption id="attachment_258" align="aligncenter" width="480"]©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info. Arquivo Joferpa Fonte do León de Padín .[/caption]

 © riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info 

Share this:

CONVERSATION

0 comentarios:

Publicar un comentario