image1 image2 image3

RIVEIRA NA MEMORIA|BENVIDO A ESTE ESPAZO|RIVEIRA EN IMAXES|RIVEIRA NA HISTORIA

1965 Praza de Abastos

A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos. Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados.


 A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión, primeiro como mercado sen que tivera grande éxito.  Autoridades locais decidiron posteriormente transformalo en sala de exposicións e auditorio, función que desenvolve actualmente.


 O fondo aparece a fábrica de Cerqueiras. A zona sufriu unha lamentable transformación a finais dos anos 80 do século XX,  o situar nos recheos os edificios de facenda, a delegación de Pesca, o ISM e a terminal de autobuses, o que fixo que desaparecera a Praia de Colomer, aumentando con elo o feísmo da cidade que se iniciara a principios dos 70 co desenvolvemento económico.











1960 web Mercado Municipal

© riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info  

Share this:

CONVERSATION

0 comentarios:

Publicar un comentario