image1 image2 image3

RIVEIRA NA MEMORIA|BENVIDO A ESTE ESPAZO|RIVEIRA EN IMAXES|RIVEIRA NA HISTORIA

1961 Festas de verán, programa

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.

Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece na súa portada aimaxe a cor da Casa Consistorial e o rimbombante titular “ 1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.

Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC xa desaparecido. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.

image




© riveira.eu

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info

Share this:

CONVERSATION

1 comentarios:

  1. […] A imaxe foi tomada a finais da década dos 50 principios dos 60, de aí que a datemos nese ano. Estaba en fase de construcción o peirao da lonxa. Poucos comentarios que facer a esta fotografía na que se apreza a beleza da localidade e a súa “potencia” industrial. Santa Uxía recibira o ano 1959 o “Premio Nacional de embellecimiento de Pueblos“. […]

    ResponderEliminar